domingo, 23 de septiembre de 2012

Aula Virtual

Hoxe queda inaugurada a aula virtual de 4º B.  Esta aula virtual será unha continuación e reforzo do traballo feito na clase, así como un lugar no que compartir dúbidas, inquedanzas, curiosidades, chistes e sobre todo boas novas.

Para entrar e facer os exercicios propostos ou pinchades na barra dereita onde pon aula virtual ou pinchades na parte de arriba no link do mesmo nome.

martes, 11 de septiembre de 2012

lunes, 10 de septiembre de 2012

Benvidos

O día 12 da comezo un novo curso escolar. Como todos os anos os vosos profes agardamos que veñades con ganas de aprender cousas novas e de compartir experiencias tanto con nós coma cos vosos compañeiros.

Como novidade este ano decidimos crear un blog no que iremos publicando aquelas actividades, xogos, festas,... máis significativas para abrir, deste xeito, unha fiestra de cara ás familias e facelas partícipes de todo o traballo do curso.