jueves, 29 de enero de 2015

Na percura do tesouro




“Na percura do tesouro” no Teatro Afundación Vigo.

Os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria foron ao espectáculo musical de Os Gaiteros da Xistra.

Sinopse:
“Xurxo non cría nas lendas dos mouros, pensaba que eran cousas de vellas. Aínda así, estaba moi convencido de que aqueles debuxos nas pedras do monte eran as marcas do mapa dun tesouro. A miúdo porfiaba en que antes ou despois acharíao. Pero de todas as veces que o tentou nunca pasara nada, ata que unha noite os cantos de Moura espertárono. Moura, a gardiá da cova, o axudara a liberarse da grande e malvada Serpe cando lle deu as pistas das probas que Xurxo debería superar na procura do tesouro.















Esencia dunha colección
Colección de Arte Afundación

Os estudantes de 3º e 4º de Educación Primaria visitaron a Colección de Arte Afundación. O tema foi “Unha colección vista por dentro”. Fixeron una simulación de tarefas como a catalogación, embalaxe ou almacenaxe, tamen foron detectives de Arte.











Naturnova
Centro Interactivo de Educación Ambiental
No centro Naturnova os alumnos/as de 3º e 4º fixeron a actividade «A Lúa e os planetas».Descubriron “Como é a Lúa? Por que ten diferentes formas? Como son os planetas?”