domingo, 11 de diciembre de 2016

Pulgarcito



PULGARCITO         16/11/2016



Os alumnos e alumnas de 3º fomos ao Teatro García Barbón a ver a obra dirixida por Iñaki Rikarte e interpretada por Tomás Fernández e Ramón Monje, Pulgarcito é a versión teatralizada do coñecido conto de Perrault. Nela abórdase a temática do abandono a través da relación que mantén un fillo co seu pai. Trátase dunha adaptación «con moito fondo» e con grandes paralelismos coa realidade da sociedade actual, que divirte e conmove a partes iguais.